Estamos a perder o que tiñamos, o "espírito" de xente unida, que agora parece esquecido. A calquera acción do goberno, hai unha reacción (lóxica, pode ser, non o dubidamos) de parte da oposición. Nas nosas casas nos enteramos de todo isto a través dos magazines que nos chegan, cada un mostrando unha cada da ¿mesma moeda? Porque parece que hai dous Teos. Pero nós sabemos que no fondo, houbo un Teo. Mal gobernado, pero unido. ¿Quen non lembra as festas de Cacheiras? Alí iban os de todas as ideoloxías; agora nin festa nin nada. E a feira cabalar, desplazada do seu lugar de sempre... unha pena.
E agora, xa fóra de temas políticos que no fondo non nos interesan a ninguén, estamos a vivir a destrucción de parte do noso territorio. Aquel navallazo á terra do que falaban no Bloque cando se facían as autoestradas galegas, agora estase a permitir no seu territorio: autovía Santiago-Estrada, cortando e rachando con centos de aldeas; obras do AVE, outro tanto; mellora Os Tilos - Ramallosa, outro navallazo que destrúe natureza, e nos deshumaniza aínda máis ao meter máis espazo para coches e menos para a xente.
Un panorama desolador. Que fai que para moitos Teo deixe de ser o que era: a nosa querida aldeíña, un lugar idilico para vivir que agora xa se está a converter noutro Milladoiro, Bertamiráns, Brión...