viernes, 12 de junio de 2009

Eleccions Europeas 2009... "la vida sigue igual"

Despois de ver no argumentario do PSOE os resultados das eleccións, das que non dan o máis mínimo comentario, só poñen os resultados, o que podemos deducir é que as cousas seguen como estaban, non se detecta ningún cambio nos votantes teenses.
Así que polo que parece, aos votantes de Teo os acontecementos municipais non lles importan demasiado; a guerra política BNG-PSOE non é un tema que lles preocupe nin altere... xa veremos nas municipais se segue así, o que significaría repetir os resultados de hai case tres anos.