lunes, 23 de noviembre de 2009

Todos contra a Pirotecnia

A raíz da recente sentenza do caso da Pirotecnia de Calo, saía publicada en El Correo Gallego esa foto da manifestación xurdida a raíz do sinistro, demandando o peche da pirotecnia. ¿A quen vemos na foto? Pois a xente o máis variado: o alcalde do BNG, a Jano Leis do PSOE, a xente do "sector crítico" do PSOE, e a outro máis interesantes... ¡qué foto para a posteridade!
Aparte da foto, o que queda claro é que ninguén apoia ao empresario Calo. De feito o alcalde xa foi rotundo niso. E os veciños poderán durmir máis tranquilos.




lunes, 9 de noviembre de 2009

Incendio en Teo

Los bomberos sofocan un incendio en una vivienda de Montouto, donde ardió el cuarto de la caldera

Los bomberos compostelanos sofocaron ayer el fuego declarado en una vivienda que ocupa un bajo en la urbanización Los Carballos, de Montouto, en Teo (...) El fuego se declaró hacia las 14.30 y aunque inicialmente se llamó a Protección Civil de Teo, no pudo acudir por estar desplazada en un accidente en Lampai, donde hubo que excarcelar a un conductor que resultó herido grave en una salida de vía en la que colisionó contra un árbol. La policía de ese municipio tuvo que apaciguar también los ánimos en el partido entre el Cacheiras y el Abolada, que el árbitro estuvo a punto de suspender cuando, al concluir la primera parte, varias personas lo increparon y zarandearon, según justificó para reclamar la presencia policial para continuar con el partido.

Analicemos ben a noticia.
Incendio, chaman a Protección Civil pero non pode acudir por un accidente. Conclusión 1ª: Máis nos vale non ter máis de un accidente en Teo á vez, a ver quen nos axuda....
Acoden os bombeiros de Santiago. Correcto. ¿Pero non hai bombeiros en Teo? ¿Ou non traballan os domingos? ¿Ou estaban no mesmo accidente de coche?
Policía: Ocupada nun partido de futbol. ¿Só hai unha patrulla en Teo?

¡Deus nos colla confesados en Teo!

NOTA: Dinnos que os bombeiros de Teo tamén estaban, xunto cos de Santiago, aínda que chegaron un pouco máis tarde que os primeiros. Quede constancia da aclaración.




lunes, 2 de noviembre de 2009

Teo: primeiro municipio galego en aprobar unha resolución sobre o Cénit do Petróleo


¡Parabéns a Martiño Noriega por esta iniciativa, que coloca a Teo entre os dous primeiros concellos de España!

O mércores 26 de Agosto de 2009, foi unha data histórica para Galiza: o pleno municipal de Teo aprobou unha resolución que recoñece o problema do Teito do Petróleo, a súa inminencia e gravidade, e que aproba a posta en marcha de medidas para estudar e aminorar o seu impacto sobre a poboación teense. Dicimos que é histórico este feito, porque Teo se converte no primeiro municipio galego (e segundo a nivel do Estado Español) que se une a movemento que por todo o mundo está recoñecendo o problema e facéndolle fronte, baixo diversos nomes: Transition Towns, Post-Carbon Cities, Relocalization Network