viernes, 30 de julio de 2010

Teo é único... e os políticos, aínda máis

Agora resulta que no último pleno, entre outros asuntos, debaten sobre:

- ¡O Real Decreto do Carbón, cando en Teo non hai minas de carbón!
- A declaración de Teo como concello antitaurino, cando en Teo non hai touros! (cornos si, pero touros non).

Quedamos sen palabras...

O estado penoso das estradas de Teo provoca situacións de perigo

O Concello debería de preocuparse de limpar as estradas de Teo xa que provocan perigos varios:
  • Aumenta a probabilidade de incendios e a súa propagación
  • A maleza aos lados da estrada dificultan a visión do conductor e impide ver a posibles peatóns
  • A maleza tapa os sinais de tráfico, algúns tan importantes coma un STOP, que se ilustra coa foto
¿Quen é o responsable disto? ¿A oposición fixo algo ao respecto?

miércoles, 28 de julio de 2010

Xa hai candidato para o PP de TEO

Os rumores dos que xa dabamos conta hai semanas, empezan a cobrar forma...
Acaba de chegar un comentario no que nos din que o candidato do PP de Teo para as vindeiras eleccións municipais será o señor Guerra (de Sondeos Guerra), anterior home de confianza de Armando, pero últimamente seica non eran moi amigos... (os motivos, non seremos nós os que os difundamos).
De momento son rumores, esperaremos a que se confirme.

Quedan pendentes os candidatos do Bloque, que seguramente non haberá sorpresas tralos ultimos congresos do BNG, e do PSOE, no que non se sabe nada aínda que hai rumores que proceden do mesmo interior do partido sobre movementos, pero nada fiables... E por último, as alternativas a novos partidos: o liderado polo propio Armando, quizás en coalición con ??? (todos sabemos o nome...) e o novo partido formado por militantes doutros partidos...

Seguiremos informando

lunes, 12 de julio de 2010

¿Bandeira preconstitucional na Casa das Tortillas?

¿Foron visións, ou a bandeira que onte ondeaba na fachada da Casa das Tortillas era a bandeira preconstitucional, a "roja y gualda" coa aguia de fondo?
Lástima de non ter unha cámara a man... ¿Alguén pode confirmar este dato?