viernes, 25 de febrero de 2011

Asfaltando pistas en Teo

O bo das eleccións é que os políticos se poñen as pilas. E como mostra un botón: hoxe xa se podían ver unha morea de pistas de Teo asfaltadas, en concreto pola zona de Recesende, Requián, Tarrío, detrás do Instituto de Cacheiras,... E a cousa parece que seguirá por outros puntos de Teo. Seguiremos informando.



miércoles, 23 de febrero de 2011

Guerra 2.0

O candidato polo PP, Guerra, está que se sae coas novas tecnoloxías.
Desde a páxina web que se montou, www.ppteo.es todo un desplegue de luz e cor, pasando pola TV do PP de Teo, YouTube, Radio, Facebook, Twitter, ...
En fin, todo un despregue tecnolóxico que non esperábamos do sr. Guerra, e que desde aquí o felicitamos polo esforzo que está a lfacer na súa campaña. Benvido sexa, Guerra 2.0.


No bloque aínda non están moi actualizados no tocante á campaña. O candidato Martiño ten perfil en Facebook e Twitter, pero na web do partido aínda non se cheira o ambiente pre-electoral.

¿E qué podemos dicir do PSOE? Cero patatero. A súa web non ten noticias novas desde hai máis de un ano, e que saibamos, Jano non ten perfil en Facebook. En Twitter xa sabemos que non o terá porque 140 caracteres non lle chegan a Jano nin para o titular... (*)

Armando, "desaparecido en combate".

E Parajó.... aquí podemos ter sorpresas. Se os rumores se confirman, podería haber sorpresas (como por exemplo, algunha fichaxe "estrela" do que o mesmo Parajó xa está fachendea).


(*) Aínda non tivemos tempo de dixerir a nova candidatura do PSOE de Teo, pero de momento se confirma o que xa adiantábamos hai tempo (e ata hai meses): Jano se presentará de novo e prescinde da súa "man dereita". Sí, eso que xa adiantamos aquí hai meses, finalmente confirmouse.

domingo, 20 de febrero de 2011

¿A que espera o PSOE de Teo para presentar a súa candidatura?

Xa vai parecendo estrano que o PSOE de Teo non fixese pública a súa candidatura, cando o resto de partidos, tanto de Teo como doutras comarcas, xa as teñen presentado. Non sabemos os motivos, quizais agarden a que arranxen a sede do partido en Teo (xa comenzaron as obras de remodelación) ou quizaia a cousa non estea clara ou algún queiran facer pensar que non está clara.
Pero como dicía alguén nun comentario deste mesmo blog, xa vai sendo hora de que se poñan a traballar por Teo e deixen absurdas pelexas absolutamente persoais. Se esta é a clase de política que pensan facer, desde logo moi mal encamiñados van...

viernes, 18 de febrero de 2011

Chapuza tras chapuza en La Voz...

Agora veñen desmintíndose a eles mesmos polo que publicaron onte. Dá a sensación, despois de ler a noticia que sae hoxe, , que a información de onte non tiña argumento ningún. ¿Por qué non preguntaron antes ao PSOE de Teo e así xa llo desmintían eles mesmos?
O problema que hai detrás de todo isto, e polo que nos sentimos indignados, non é (nin moito menos) que se "metan" con Jano, nese aspecto, alá eles. O problema é que máis ou menos sabemos como están as cousas e como desde fóra son capaces de manipula-la información. A saber qué outras manipulacións farán neste xornal doutros temas. Porque se se esforzan tanto para uns candidatos dun simple concello, non nos queremos nin imaxinar as que argallarán cando se trata de palabras maiores: deputación, Xunta, Feijoo, Vázquez, etc.

A noticia á que facemos referencia:

El PSOE de Teo dice que no hay «sector crítico» y que el partido avala a Jano Leis

Lembra: Mañá pode tocarche a ti...

miércoles, 16 de febrero de 2011

A tres meses vista, o PP de Teo aínda non ten programa electoral

Hai cousas que como espectadores da vida poítica nos fan ferve-lo sangue. ¿Como é posible que un partido como o PP de Teo aínda non teña definido o seu programa electoral e teña que andar preguntando aos veciños? Estamos a 3 meses das eleccións e tiveron ¡4 anos! para ir pensando algo... en fin, nós sentímonos estafados con estes ¿políticos?.

Xornalismo que da pena en La Voz de Galicia

¿Qué clase de credibilidade vai ter un xornal que publica esta clase de novas que non teñen nin pés nin cabeza? Máis parece a entrada dun blog que unha nova dun xornal. ¿Onde está a nova? ¿Puxéronse en contacto coa xornalista ou foi a xornalista a que se dedica a ler os blogs e publicar o que lle apetece? Todo isto non ten sentido ningún.
E, por certo, ¿quén nomeou aos compoñentes deste grupo como sector crítico? Nós témola resposta e os que nos seguen, tamén...


Miembros del sector crítico del PSOE de Teo piden el voto para Noriega frente a Jano Leis

martes, 15 de febrero de 2011

Jano presentarase como candidato polo PSOE

Isto é o que vos podemos confirmar.
Agora é moi tarde así que será mañá cando ampliemos a noticia.

sábado, 12 de febrero de 2011

Sen vergonza

As declaracións do concellal socialista de Santiago sobre o Refuxio de Bando describe a liña política que se está a levar a cabo nalgúns concellos: non teñen vergonza. E o peor de todo é que Teo colabora no mantemento do Refuxio. Dubidamos que o noso alcalde estivera ao tanto do que alí acontece, pois de seguro tomaría algunha decisión ao respecto.
Para todos os que vos gusten e defendades aos animais, xa tedes un motivo máis para reflexionar sobre o voso voto nas vindeiras municipais.




 El Refuxio de Animais de Bando aplicó la eutanasia a 391 perros y gatos en 2010
El Refuxio de Animais de Bando no da abasto. Fue creado en 2005 por el Ayuntamiento, pero en 2006 se convirtió en una fundación en la que participan, además de Santiago y la Xunta, los concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo y Vedra.
"O los ciudadanos adoptan a los perros, o no sé qué solución habrá

Andrés Fariña- Concejal de Sanidad (PSOE)





Os novos colectores de lixo son de adorno... ata marzo

Os novos colectores de lixo estarán de adorno ata marzo, segundo sae na prensa de hoxe. Cando máis pretiño das eleccións, mellor,...


Teo instala 400 colectores de basura, pero no podrán usarse hasta marzo

viernes, 11 de febrero de 2011

¿Jano Leis podería non presentarse a candidato por Teo?

Están a tomar forza certos rumores que fan refencia á posiblidade de que Jano Leis non se volva a presentar á alcadía de Teo polo PSOE. Son rumores que soan, e que se poden ler en dous blogues enfrentados, o que quizais lles dea maior credibilidade ao coincidir no mesmo punto.

Isto podíase ler no blog de TSST (declarado anti-janista):

[...] Por certo, ¿Que pasa con Janito? últimamente non sae nos medios, non se lle ve o pelo e o peor de todo e que nos chegou certa información na que se dí que ó mellor no é o próximo candidato polo psoe, ESPEREMOS QUE ESTO NON SEXA UN SOÑO E QUE POR FIN SE MARCHE DE TEO.
ENCARRILANDO AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS


E isto podíase ler no blog do Azotador (declarado janista e blog oficioso que non oficial dos socialistas de Teo):
[...] TEO NECESITA UN CAMBIO Y PESE A QUIEN LE PESE (Y POR MUCHO QUE LO INTENTAN),ESE CAMBIO SE LLAMA PSOE DE TEO...Y MI APUESTA PERSONAL POR SU TRABAJO,SACRIFICIO Y ESFUERZO,EL SR. JANO LEIS (QUIEN SABE SI SERÁ CANDIDATO),PUES COMO YA VEMOS COMO LA VERDAD VA SALIENDO POQUITO A POCO.
UNA MOCIÓN POR Y PARA EL PUEBLO

Que o digan no TSST non tería maior importancia (oi si), pero que o diga o propio azotador, xa é máis que sospeitoso.

"Perlas" do sr. Guerra sobre Martiño: "demagogo", "mentireiro", "infantil", "desleal"...

Estas son algunas das "perlas" que solta o sr. Guerra, candidato do PP á alcaldía de Teo, sobre o actual alcalde Martiño. En breve, ampliaremos o contido das declaracións de Guerra, pero para ir abrindo boca: "demagogo", "mentireiro", "infantil", "desleal"...

Incidente sen aclarar en Augas Mansas. As fotos.

Xa nos chegaron as fotos tan esperadas por nós. Non sabemos o que pasou, así que se alguén sable algo, que nos escriba. Narramos os feitos tal e como nos contaron.

Luns, 7 de febreiro. 4 da tarde. Na zona de Augas Mansas, en concreto As Laxes, aparecen restos de cristais no medio da estrada e pegadas de freadas de neumáticos, como se observa na foto.Máis adiante hai un coche cunha parella fóra del, falando polo móbil, e pódese apreciar que a fiestra coche do lado do condutor está destrozada.




Minutos máis tarde chega un coche camuflado da Garda Civil coa sirea posta, procedente do Milladoiro, e chega ata o lugar para falar cos ocupantes do vehículo. Na foto vese ao coche "incidentado" á dereita, e o coche da Garda Civil á esquerda. E ata aquí podemos contar.
 

jueves, 10 de febrero de 2011

Novos contenedores de lixo en Cacheiras

Hoxe despertamos cunha boa nova: están renovando os contenedores de lixo que había pola estrada de Cacheiras ata os Tilos. Esta tarde xa se podían ver os novos contenedores aínda moitos deles co precinto de novos que están.
Nas fotos, os novos contenedores, desde logo máis estéticos que os anteriores, máis prácticos ao contar co sistema de "levanta a tapa co pé" e máis seguros ao ser de metal e non de plástico.


miércoles, 9 de febrero de 2011

Controles de alcolemia en Teo

Desde hai uns días estamos a notar un aumento dos controis de alcolemia en Teo, levados a cado pola Garda Civil de Tráfico. Desta vez estanse apostando en estradas secundarias e a horas pouco habituais, desde primeiras horas da tarde e primeiras da noite, ou sexa, despois do xantar e da cea.
Temos constancia de alomenos dous controis deste tipo desde hai unha semana, e onte mesmo houbo outro. Por suposto non diremos onde estaban colocados porque nós apoiamos este tipo de iniciativas xa que son as horas nas que é habitual que a xente bebe alcol e colle o coche. E non é sempre a xuventude e a noite os responsables dos accidentes.

¿Incidente, accidente? na zona de Augas Mansas

Chegáronnos noticias dun estrano ¿incidente?, ¿accidente? cun coche, na zona de Augas Mansas, este pasado luns. Estamos esperando a recibir unha foto e axiña a publicaremos e comentaremos con detalle o sucedido.

domingo, 6 de febrero de 2011

Lixo no río Ulla ao seu paso por Pontevea

Unha pena o que se pode ver desde onte de Pontevea mirando cara Teo: lixo no fondo do río, restos dunha estrutura de andamiaxe da que quedan restos esparcidos por todos lados. ¿Quen é o responsable?

Restos de andamio pegados á ponte e no fondo do río

Restos de andamio pegados á ponte

Restos de andamio no fondo do río

jueves, 3 de febrero de 2011

Club de Fans de Guerra

José Manuel parece que xa ten club de fans e todo... e con seguidoras así, ¡que máis se pode pedir!

miércoles, 2 de febrero de 2011

O Triángulo Democrático de Teo

Como xa adiantamos hai tempo, o equipo do PP de Teo xa ten a súa sede en Cacheiras, no edificio Os Muíños. Deste xeito, creouse ao redor de A Gaiteira, o que podemos denominar o Triángulo Democrático de Teo: tres formacións políticas formando un triángulo: BNG, PSOE e PP.



Estas eleccións van ser moviditas e o candidato do PP vai dar máis guerra da que nin Bloque nin PSOE esperaban...
En breve, unas perlas do sr. Guerra que con toda a súa boa educación e talante, apuntan e disparan directamente contra Martiño... non teñen desperdicio.