Os astros falaron de novo. E non é broma. A poucos días das eleccións, recurrimos de novo aos
astros para comprobar si as predicións feitas antes da campaña electoral, se seguían cumprindo. E abofé que se seguen a cumprir, e desta vez a pitonisa aporta máis detalles.
Do
PP, os astros non varían na súa predición, indicando que seguirán como estaban, non chegando a cumprirse os obxectivos buscados (que segundo o mesmo
Guerra dixo, é a maioría absoluta).
Do
Bloque, segue a indicarnos o mesmo, isto é, que se ve como o claro vencedor. Niso non hai dúbidas.
Para
InTeo, a situación mantense, non chegando a acadar os tan comentados, por
Parajó, tres concelleiros. Desta volta parece que se quedará como estaba.
Ao respecto do
PSOE, os astros volven a comentarnos que
Jano Leis entablará moitas conversacións, moitas xuntanzas e reunións. Moito diáologo. Pero que todo acabará en fracaso e que abandonará o seu proxecto, neste caso, político. É dicir, os astros auguran o fracaso socialista en Teo e a caía do seu líder, quen se marchará.
Nota: Para os incrédulos, só diremos que o que aquí detallamos provén dunha consulta real a unha vidente. Que desta volta os arcanos volvan a dar os mesmos resultados, a nós, polo menos, danos moito que pensar. Non cremos nas meigas, pero habelas, hailas.