lunes, 14 de noviembre de 2011

Prediccións para o 20N

Un domingo de outono, de chuvia, convértese no mellor escenario para consultar a unha vidente polo futuro dun país. Unha vez máis, e tralo éxito acadado nas pasadas eleccións locais, consultamos a unha taróloga polos próximos comicios do 20N. Sorprendentemente, o que nos contou non se parece moito ao que predicen as enquisas que están a saír ultimamente. Nós confiamos na nosa tarotista e vos adiantamos o que ocurrirá este 20N.



Francisco Jorquera (BNG)
Parte dun presente bastante bo e parece que ten bastantes oportunidades. Quizais saque bos resultados pero iso non lle quitará que se sinta fóra de lugar, como si a nova situación se lle quedara "grande", sen saber moi ben que facer ou como actuar.



Alfredo P. Rubalcaba
O pasado non lle axuda xa que procede dunha época dura, pero ten forza e ganas e avanza con decisión cara o futuro. Sobre a súa traxectoria profesional, o tarot lle augura que o 20N non será o seu final, senón só un cambio, un punto de inflexión. Seguriá traballando nunha nova etapa política da súa vida, non suporá unha ruptura definitiva coa política. De xeito que exercerá o seu papel na oposición.



Mariano Rajoy
Ten moita forza e interés, sabe que é a súa oportunidade e que vai a gañar. Pero aínda así haberá momentos nos que se sinta só a pesar de te-lo éxito de fronte. Sentirá que lle faltan apoios. O que nos fai deducir que non obterá maioría absoluta, o que resulta sorprendente.

domingo, 13 de noviembre de 2011

Temporal en Teo

¿Alguén notou o pequeno temporal do sábado ás dez da noite? Houbo refachos de vento que superaron seguramente os 100 km/h nun lapso de tempo moi breve. Tras el, facendo unha ronda por Teo puidemos ver os efectos: ramas de árbores polas estradas, carteis electorais rachados e decolgados, as bandeiras do Gadis destrozadas, contenedores de lixo caídos, e na confluencia de Vilar de Calo con Milladoiro había una gran cantidade do que parecían placas de escaiola esparexidas pola estrada, grandes trozos que deberon caer dun tellado con tanta forza que ata torceron un semáforo.

sábado, 5 de noviembre de 2011

WAKA-RUMOR: ¿Dará a "alternativa" a Martiño?

Homenaxe a Xosé Manuel Beiras pola súa "traxectoria ao servizo de Galicia".
Parece que o momento da sucesión está a chegar, pero ¿superará as barreiras internas que lle impediron ata o de agora entrar no núcleo o bloque?
 

En Teo non hai campaña electoral

Levantarse o venres tra-lo inicio da campaña e non ver carteis electorais pegados por Teo resultou moi estrano... e sintomático. Hoxe sábado hai moitos valados totalmente balerios a expepción dalgún cartel do BNG... e algunha pancarta do PSOE-Pérez.
¿Non hai ánimos, ou non hai ganas de traballar? ¿Onde quedan aquelas noites onde os militantes percorrían todo o Concello pegando carteis e sen durmir? ¿Que pasou con ese espírito democrático? ¿Xa non existe?
En Teo, desde logo, parece perdido... unha cousa é falar en reunións ao calor dunha estufa e outra moita distinta poñe-lo lombo e patearse o Concello.
Políticos de sillón é o que temos... pero, ¿merecémolos os veciños de Teo?

martes, 1 de noviembre de 2011

Policia Local: pola porta de atrás

Moitas veces temos comentado aquí que era habitual ver os coches da Policía Local, Protección Civil e ata o coche de Bombeiros do Concello, aparcados nas inmediacións da cafetería Che do Montouto, a primeira hora da tarde, normalmente, para tomar ese cafeciño...
Non sabemos si tivemos algo que ver, pero o caso é que hai tempo que xa non se fan ver por estes sitios, quizáis porque chamaban moito a atención. 

O caso é que este luns tivemos a oportunidade de observar un movemento estraño da Policía Local. Un coche patrulla, a ido das cinco da tarde, metíase na zona de aparcadoiro da cafetería Vabel (enfrente ao Che) e aparcaba detrás do edificio, non no aparcadoiro mesmo (onde agora se pon a famosa "pulpería" os sábados), senón detrás, totalmente agochado. E logo, dous axentes saían do coche e accedían á cafetería pola porta de detrás, dando a sensación de que toda a manobra está pensada para que ninguén os vexa.

¿Terán ordes de que non deben estar nas cafeterías de forma tan evidente como facían agora diante do Che? A cousa, desde logo, rara é. E nós só nos facemos eco dela para que nos deades as vosas opinións.