jueves, 9 de agosto de 2012

A Beiras véselle o plumeiro...

Este políticos deben de pensar que os cidadáns son tontos ou non se explica, ¿será a idade quizáis? ¿A conto de qué, vén agora Beiras con isto?

Beiras non descarta pactar con Compromiso por Galicia, Terra Galega ou Esquerda Unida

¿Terra Galega? ¿Pero nesta formación non había xente que fora do PP? ¿Estamos tolos ou que?

O trasfondo de todo isto é claro: o medo a non ter representativiade no Parlamento, o medo a non poder seguir "chupando do bote" como parlamentario. Debido á escisión do BNG, creáronse pequenos grupúsculos que, de seguir adiante a reforma parlamentaria (apoiada polos cidadáns), estes pequenos grupos non acadarían os suficientes votos para ter representación no Parlamento (e marcamos a palabra "votos" porque parece que o Parlamento é de quen goberna, cando realmente é dos votantes).

Por iso veñen agora non pactos e demáis tonterías cando hai unhas semanas non querían nin oír falar desa palabra, rexeitando a oferta lanzada de Compromiso de Galicia. Isto todo demostra que estes políticos o único que buscan é seguir mantendo os seus privilexios.

Ante a reducción dos escanos no Parlamento, aínda non oímos pedir a ningún político que en vez de baixar o número de escanos, se o que se quere é manter a representativiade, e dado que é unha cuestión económica, que o seu grupo acepta ter parlamentarios de balde. Isto, que sona a demagoxia, nunca pasaría pola cabeza dun político...