Desaparecido en "combate" estivo o responsable da crise. Nin unha soa mención ao rimbombante concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidadá, o señor Rafael Sisto. Moito cargo e nula xestión.
Un concello en alerta vermella xa previsto con días de antelación, e o responsable sen mover un dedo.
O único que sacan no Concello é unha nota redactada por a saber quen, queixándose de que non lle contestan no servizo de atención ao cliente de Fenosa. E o alcalde, chorándose polo Twitter... Ridículo, patético, intolerable. (Todo isto fainos botar de menos ao anterior alcalde Armando quen, nos momentos de crise, estaba sempre a carón dos veciños).
Un desmadre de Concello. Un Concello á deriva. De novo, un concello bloqueado.